13/5/18


Resultado de imagen de as cousas claras

AS COUSAS CLARAS
Xosé A. Neira Cruz
A normalidade cotiá da vida nas clases do insti queda alterada cando abren un sex-shop nas cercanías. O profe de Literatura, Mon, proxecta unha película que a prensa califica de escandalosa. Para demostrar o contrario Mon decide facer unha proxección pública para os pais e nais.
Con tanto rebumbio, o "díxome-díxome" empeza a funcionar a marchas forzadas, con consecuencias moi negativas para o profe e para Marga e o seu compañeiro de clase, Afonso. No medio de malentendidos e desacordos coa súa nai,  Marga, coa axuda de Afonso, comenza a investigar que sucedeu en realidade para que o profe rematara no hospital. Con gran risco pola súa parte, os rapaces acaban descubrindo a verdade e chegan a saber o por que das falsas acusacións sobre o profesor e por que sufriu a paliza que o levou ao hospital. Descobren cal era o problema real que había no instituto. Claro que sabelo case lles costa a vida!


Neira Cruz naceu en Compostela en 1968. Licenciado en Filoloxía italiana e en Ciencias da Información é profesor na Facultade de Ciencias da Información na Universidade de Santiago, na especialidade de periodismo. Dirixiu a revista de Literaura Infantil e Xuvenil "Fadamorgana". É un dos autores de libros dirixidos a público xuvenil (e infantil) máis relevantes do panorama galego actual.  En 1989 obtivo o premio Merlín por "Ó outro lado do sumidoiro", o seu primeiro libro publicado. Gañou en dúas ocasións o premio Barco de Vapor con "Valdemuller" e "Os ollos do Tangaleirón". Entre a súa produción destacan outros títulos como "O armiño dorme", ou "A memoria das árbores".

3/5/18

LA MECÁNICA DEL CORAZÓN
Mathias Malzieu
A mecánica do corazón é un libro escrito polo escritor, cantante e músico francés Mathias Malzieu e publicado o 25 de setembro de 2009.
Na noite máis fría do século XIX, nace en Edimburgo, Jack, o fráxil fillo dunha prostituta. O bebé nace cun corazón débil e para salvalo colócanlle un reloxo de madeira ao que haberá de dar corda toda a súa vida. A prótese funciona e Jack sobrevive, pero debe respectar unha regra: evitar todo tipo de emoción que poida alterar o seu corazón. Nada de enfados, e sobre todo, nada de namorarse.
Jack sufrirá o ser excluído de toda sociedade xa que non pode saír do seu fogar. Con todo, por ser o día do seu aniversario a doutora que o coida permítelle un paseo pola cidade. Ao escoitar o belo canto dunha pequena cantante andaluza, Miss Acacia, de ollos enormes e algo miope, namorarase dela inevitablemente. Así, Jack embarcarase nunha marabillosa aventura que o levará a París e a Granada, coñecendo a moitos personaxes singulares e vivindo as dozuras e penalidades do amor. 




O AUTOR: Mathias Mazieu

O seu autor, Mathias Malzieu, nace en Montpellier en 1974, é o líder e cantante da banda francesa Dionysos, e "A Mecánica do Corazón" tamén é o sexto traballo da banda. Polo que non se sabe ben se o disco inspirou o libro, foi ao contrario, ou se xestaron ambos de maneira conxunta.
Malzieu escribiu 5 libros cos que está a ter bastante éxito. En España o máis coñecido é este, que é o terceiro en orde de escritura.

23/4/18

O can dos Baskerville 


o can dos baskerville-arthur conan doyle-9788497825979É unha nova aventura de Sherlock Holmes na que o enigma, o elemento central da historia, presenta características realmente interesantes, porque ó feito criminal vén a sumárselle unha maldición, unha lenda familiar, que envolve todo nun ambiente misterioso e fantástico. O gradual desenvolvemento da acción vai levando cara a unha explicación sobrenatural dos feitos, ata que finalmente o labor do detective conclúe coa explicación natural e lóxica do crime e de toda a cadea de pequenas incógnitas que se nos foron presentando.



Arthur Conan Doyle
Arthur Conan Doyle




Foi médico, novelista e escritor de novelas policíacas, creador do inesquecible mestre de detectives Sherlock Holmes.
Conan Doyle naceu o 22 de maio de 1859 en Edimburgo e estudou nas universidades de Stonyhurst e de Edimburgo, nesta última estudou medicina desde 1876 ata 1881. En xuño de 1882, mudouse a Portsmouth. Estando aí, instalou unha clínica. Ao principio non lle foi moi ben con ela, polo que no seu tempo libre comezou a escribir historias novamente. Tivo tanto éxito ao comezo da súa carreira literaria que en cinco anos abandonou a práctica da medicina e dedicouse de maneira total á escritura. O seu primeiro traballo destacado foi "Estudo en escarlata", onde o autor crea ao máis famoso detective de ficción, Sherlock Holmes, que se publicou en 1887. O autor baseouse nun profesor que coñeceu na universidade para crear ao personaxe de Holmes coa súa enxeñosa habilidade para o razoamento deductivo. Igualmente excepcionais son as creacións dos personaxes que lle acompañan: o seu amigo bondadoso e torpe, o doutor Watson, que é o narrador dos contos, e o archicriminal profesor Moriarty.











15/4/18

EL RASTRO BRILLANTE DEL CARACOL
Gemma Lienas
Sam ten 16 anos e síndrome de Asperger, unha forma lixeira de autismo. É un crac dos computadores, pero ten poucos amigos e cústalle interactuar cos demais na vida cotiá. Un día coñece a Martina e o seu mundo cambia. Gústalle moito pero non sabe como achegarse a ela, e ao pouco tempo descobre que un acosador a está poñendo nun grave perigo. Sam terá que esforzarse moito para superar as súas limitacións se quere axudala e desenmascarar ao culpable.


O libro explica como é, como pensa e sente Sam, o protagonista, un mozo con síndrome de Asperger. O libro tamén nos alerta respecto dos depredadores sexuais que axexan aos rapaces en Internet mentindo, inventando perfís e manipulando para obter o que queren.

Ninguén mellor para presentarvos este libro que a propia autora:


A AUTORA: Gemma Lienas
Gemma Lienas Massot (Barcelona, 1951). Filla dun pequeno industrial catalán e dunha ama de casa francesa. Estudou Filosofía e Letras na Universidade Autónoma de Barcelona. Nesta época compaxinou o seu traballo nun centro de psicoloxía coa docencia nunha escola para nenos borderlines, en cuxa fundación participou.
Empezou a escribir a mediados dos 80 e en 1986 publicou a súa primeira novela, Canellón sen saída, dirixida ao público xuvenil. En 1987, gaña tres premios literarios con diferentes libros. Do final deste período é a súa novela xuvenil Así é a vida, Carlota, que en 1990 gana a Mención de honra do IBBY.
A principios dos 90, unha enfermidade obrígaa a deixar o seu posto de responsabilidade e instálase en Nova York. Ao seu regreso a España reincorpórase ao mundo editorial e vive entre Barcelona e Madrid. 
En 1998 cambia o mundo da edición polo da escritura e instálase en Estrasburgo. A principios do 2000 volve a Barcelona e involúcrase na vida da cidade, especialmente con grupos que traballan a favor da igualdade das mulleres.
Colabora con columnas de opinión en diversos medios de comunicación e emisoras de radio.
Entres os personaxes que creou destaca especialmente Carlota. O diario violeta de Carlota (2001) é un dos principais éxitos da autora e o principio dunha saga na que Carlota vai  descubrir a sexualidade e a afectividade, a violencia de xénero, a bulimia, as drogas, etc.
A súa obra foi traducida a varios idiomas: alemán, eúscaro, italiano, portugués...
Unha entrevista coa autora na TVE.
A  súa biografía  e outras informacións segundo ela mesma no seu blog personal.

SÍNDROME DE ASPERGER.
Albert Einstein
Sam, o protagonista do libro é un asperger, un tipo de autismo. No programa La noche temática de TVE trataron este tema e puxeron este magnífico documental titulado "El cerebro de Hugo"É un pouco longo, pero a min pareceume moi interesante. Aquí vos queda por se a alguén lle interesa.
ASPERGA é a Asociación Galega de Asperger. Esta é a súa páxina web.

9/4/18

LA LECCIÓN DE AUGUST
                                                                                                  
                                                                           J.R. Palacios





August " Auggie"" Pullman é un neno de entre 10 e 11 anos de idade. Naceu coa Síndrome de Treacher Collins, un trastorno xenético caracterizado por malformacións craneofaciais. Debido a varias intervencións cirúrxicas ás que se someteu, nunca asistiu ao colexio e a súa nai dáballe clases no seu fogar. Un día, discútese se August debe comezar a escola ou non. Finalmente, os pais póñense de acordo e cren que é conveniente que vaia. O director do colexio secundario Beecher pídelles a tres estudantes que concorran á institución para mostrarlla a Auggie: Jack Will, Julian Albans e Charlotte Cody Alí, o neno enfróntase a unha realidade: a innegable discriminación por parte dos seus compañeiros, especialmente Julian. O libro está dividido en oito partes porque se conta a mesma historia desde o punto de vista de distintos personaxes: o propio August (aparece tres veces), a súa irmá Via, Summer, Jack, Justin e Miranda.

«Todos deberiamos recibir unha ovación polo menos unha vez na nosa vida, porque todos vencemos ao mundo.» Auggie

11/3/18


Resultado de imagen de nunca seré tu héroe

NUNCA SERÉ TU HÉROE
María Menéndez-Ponte Nunca seré tu héroe é una novela realista sobre os conflitos adolescentes escrita de forma autobiográfica. Andrés é un adolescente que está farto do instituto, dos grans, da incomprensión de seus pais, da plasta da súa irmá, do “pijo” de Jorge, da vida en xeral e do profesor de historia en particular. A súa maior afección é debuxar cómics. A súa noiva Sara comeza a saír co mozo máis “pijo” da clase. A súa familia non está pasando por un bo momento, xa que o seu pai queda no paro. No libro trátanse unha serie de temas como: o amor, a amizade, as relacións familiares, a posibilidade dun embarazo non desexado, os grupos neo-nazis, os profesores do instituto…
Andrés demostrará á súa familia e aos seus amigos e amigas que é unha gran persoa. Tamén conseguirá un dos seus soños: gañar un concurso de cómics.

Esta novela pode axudarnos a que falemos de temas propios da adolescencia, que vos interesen especialmente. Tamén aparecen no libro moitas referencias culturais, ademais dos cómics: Sherlock Holmes e Watson, a Celestina, Hitler, O capitán Trueno, o Cid Campeador

6/3/18



A MANSIÓN DOS PAMPÍN
Miguelanxo Prado

Desta volta tocounos a lectura de cómics, un que lemos todos e outro da nosa escolla entre os nosos personaxes favoritos da historieta. O que lemos todos é este dun dos máis importantes autores de cómics que ademais é galego: Miguelanxo Prado. Se picas arriba no seu nome entrarás na súa páxina.

O señor Indalecio Pampín e a súa familia están moi felices. A súa tía Isolina deixoulles en herdanza unha casa de campo, rodeada de terreos e dun río. Pero cando el, a súa esposa e os seus fillos adolescentes chegan á mansión... descobren que o que pensaban que era un soño converteuse no peor dos seus pesadelos. Empeza así unha das aventuras máis divertidas do cómic español dos últimos anos...
Moitas veces acontécennos situacións absurdas que non por iso deixan de ser reais. Un cómic cheo de ironía e humor que non podes perder.

Este libro sobre as desfeitas urbanísticas no país, foi encargado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia a Miguelanxo Prado para a súa difusión nos institutos.
Aquí tes algunhas imaxes doutros personaxes de cómics coñecidos: Pepe Gotera e Otilio, Corto Maltés e Lucky Luke.