8/12/17


O NENO DO PIXAMA A RAIAS / EL NIÑO CON EL PIJAMA DE RAYAS

John Boyne

Aínda que o habitual é describir as características da obra que estamos a ler, por unha vez faremos unha excepción, porque estamos convencidos de que explicar o seu  contido estropearía a experiencia da lectura. Cremos que é importante empezar esta novela sen saber de qué trata. Acompañarás a Bruno, un neno de nove anos, cando se muda coa súa familia a unha casa onda unha cerca. Hai milleiros de aramados coma ese en moitos sitios do mundo; só desexamos que nunca te atopes con ningún, e se o fas, que teñas forza para librarte del...

Esta novela do escritor irlandés John Boyne converteuse nun fenómeno mundial, e foi traducido a máis dunha vintena de idiomas e ten unha adaptación cinematográfica.Por último, cabe aclarar que este libro non é só para adultos; tamén o poden ler, e sería recomendable que o fixeran, rapaces e rapazas a partir dos doce ou trece anos de idade.

 O editor

Este libro é unha forma de empezar a entender algunhas cousas terribles que sucederon en Europa no século XX, durante a II Guerra Mundial, e que seguro que a algúns vos sona de velas en películas. O malo é que desta volta as cousas pasaron de verdade, tal vez non exactamente como contan as pelis, pero igual de terrribles. Con este libro diante pódese falar de moitas cousas, averiguar outras da nosa historia recente e pararse a pensar como debemos facer para que algo así non se repita nunca máis.

3/12/17

Cando petan na porta pola noite
Xabier P. Docampo

Logo dunha reflexión inicial do autor sobre o gusto pola narración oral, que inclúe o recoñecemento a seu pai como gran contador de historias, reúnense catro historias de medo co desexo de que o lector sexa tamén dono do seu propio medo e as faga súas, para contalas tamén, a xeito de transmisor oral, continuando o fío da literatura tradicional popular.
As historias levan por título: O espello do viaxeiroO fornadasA loba e O cumpremortes. 
Queríades un título 'de medo', pois xa o tendes! Agora a ver se algún non dorme polas noites, que o Xabier, cando se pon, mete medo!! 



     Xabier Docampo naceu en Rábade, na comarca da Terra Chá (Lugo). É autor de literatura infantil e xuvenil. A súa obra Cando petan na porta pola noite foi seleccionada como unha dos cen mellores obras do século XX, e foi galardoada co Premio Nacional de Literatura Xuvenil. Ten libros seus nas listas de honra internacionais como a IBBY (International Board on Books for Young People) e premios como o The White Ravens (Internationale Jugendbibliothek-International Youth Library).
Ao longo da súa traxectoria profesional meteuse en mil leas diferentes: actor, director de teatro, guionista e director de radio, vídeo e televisión, dirección de revistas de Literatura xuvenil,... Como profesor, sempre estivo relacionado cos movementos de renovación pedagóxica. Agora leva xa uns anos xubilado, o cal non quere decir que estea quieto...

14/11/17

UNHA ESTRELA NO VENTO
Ledicia Costas


Resultado de imagen de unha estrela no vento A vida do protagonista xira en torno ao instituto, a profe que lle ten “manía”, a familia e un bar onde se reúnen todos para xogar ó billar. O grupo de colegas, a propia identidade dentro do grupo, o ambiente de instituto, os problemas cos pais, o amor adolescente, a rivalidade entre pandas... son todos ingredientes desta narración.Os problemas propios da idade, o enfrontamento co mundo adulto, a afirmación da propia personalidade... xúntanse a unha proliferación de conflictos que, aínda sendo ficción, sabemos que se poden dar na realidade.


Outros aspectos importantes son a presencia de personaxes do pobo xitano e a dificultade da relación cos paios, rompendo antigos prexuícios, e a introducción dun personaxe con minusvalía que ha de moverse en cadeira de rodas... Todo esto fai que ese mundo de panda adolescente amplíe as súas fronteiras e os seus problemas. Xa non son unicamente problemas persoais ou familiares senón que acaden horizontes máis amplos.
Unha historia tráxica que fará medrar a personalidade do protagonista.


Ledicia Costas fala de si mesma:
Resultado de imagen de ledicia costasNacín en Vigo alá polo 1979, cando o verán estaba a piques de morrer. Neta dun inventor e filla de dous creadores de soños, escribo desde que teño memoria. Debutei na colección Fóra de Xogo coa novela “Unha estrela no vento” (Xerais 1999), obra escrita en plena adolescencia e que está traducida ao catalán. Na colección Abismos, xunto con outras 24 narradoras, publiquei o relato “Negrita” no volume “Narradoras” (Xerais 2000). “O corazón de Xúpiter” (Xerais 2012) é a miña segunda novela, “Recinto Gris” (Xerais, 2014) a terceira e ''Un animal chamado néboa'' (Xerais, 2015) a cuarta.. En 2014 gañei o Premio Merlín de Literatura Infantil e o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2015 con “Escarlatina, a cociñeira defunta” (Xerais, 2014), en 2016 publiquei “Esmeraldina, a pequena defunta” e “Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta” Premio Lazarillo de Literatura Xuvenil 2015, en 2017 "A señorita Bubble" e "Os arquivos secretos de Escarlatina", en colaboración co ilustrador Víctor Rivas, en 2018 "As peripecias de Extravaganzza Pérez". Síntome poeta con alma de equilibrista, porque recito nos lugares máis propicios á caída: no autobús, no supermercado, nos bares, en tendas de conxelados… E debe ser por iso que formo parte do colectivo Poetas da Hostia. A miña obra poética está recollida en distintas publicacións colectivas. Individualmente teño publicado o poemario “Xardín de Inverno”. Son avogada a tempo parcial e poeta a tempo completo. E nas horas libres escribo novela, que é a miña verdadeira paixón






6/11/17


EL PRÍNCIPE DE LA NIEBLA
Carlos Ruíz Zafón
O príncipe da brétema é unha novela xuvenil de Carlos Ruíz Zafón publicada orixinalmente en lingua castelá en 1993, acadando ese mesmo ano o Premio Edebé de Literatura Xuvenil.  
A historia está ambientada en xuño de 1943. Unha familia escapa da II Guerra Mundial, indo vivir a unha vila na costa atlántica. O protagonista (Max de 13 anos), e a súa irmá (Alicia, de 15 anos) coñecen a Roland, outro rapaz da vila, que lles amosa a gran cantidade de maxia e fantasía que rodea á vila, ó mar, e á súa casa. Os anteriores propietarios da casa sufrirán a persecución dun estraño personaxe ata saldar unha antiga débeda.
Aquí tedes o "booktuber"coa opinión de Carla e o "booktrailer" oficial do libro.

  


O AUTOR:
Carlos Ruiz Zafón, nado en Barcelona en 1964, é un dos autores máis lidos e recoñecidos en todo o mundo. Inicia a súa carreira literaria en 1993 con O príncipe da brétema, o primeiro título dunha triloxía da que tamén forman parte O palacio da medianoite As luces de setembro  e máis tarde Mariña. En 2001 publícase a súa primeira novela para adultos, A sombra do vento, que pronto se transforma nun fenómeno literario internacional. En 2008 publica O xogo do anxo e en 2011 O prisioneiro do ceo. As súas obras foron traducidas a máis de cincuenta linguas e conquistaron numerosos premios e millóns de lectores nos cinco continentes.
LAS LÁGRIMAS DE SHIVA
César Mallorquí
A historia transcorre na cidade de Santander durante un verán alá polos anos 60, cando en España aínda había unha ditadura, pero en todo o mundo empezaba un tempo de cambios profundos: o movemento hippy, a loita polos dereitos da muller, as manifestacións contra a guerra do Vietnam, os Beatles, a chegada do home á lúa...
Debido á enfermidade de seu pai, Javier, o protagonista, ten que pasar todo o verán en Santander, en casa dos seus tíos e as súas catro curmás que viven nun antigo caserón cerca da praia do Sardinero. Non lle apetece nada esta viaxe. Cando chega alí nota que a familia Obregón é moi estraña e diferente da súa. No caserón onde viven parécelle ver en ocasións un espectro ao mesmo tempo que nota un peculiar cheiro a nardos; isto mesmo ocórrelle á súa prima Violeta. Violeta fálalle da desaparición de Beatriz e do misterio das lágrimas de Shiva. Entre os dous tratan de descubrir o segredo. Ao principio lévanse moi mal, pero pouco a pouco vai mellorando a súa relación ata que ao final...
O seu autor, César Mallorquí conta así a súa vida: Nacín en Barcelona o 10 de xuño de 1953, pero o meu pai (José Mallorquí, o creador do Coyote) trasladouse a Madrid ao ano seguinte, e con el toda a familia. Cursei estudos de xornalismo na Facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense e desde 1970 traballei en diversas publicacións, entre elas a mítica revista O Paspallás. En 1981 cambiei o xornalismo pola publicidade e durante unha década traballei como creativo en diversas axencias. En 1991 regresei ao mundo da literatura (que abandonara durante a miña etapa de publicitario). Vivo en Madrid, estou casado e teño dous fillos. Deixei de fumar en 1986. 

Aquí tedes un vídeo coa opinón de Helena sobre o libro e outro sobre a chegada do home á lúa:

6/6/17


MEMORIAS DUN NENO LABREGO

Xosé Neira Vilas
Resultado de imagen de memorias dun neno labrego

Memorias dun neno labrego é o caderno no que Balbino escribe todo o que lle acontece na súa aldea. A familia do protagonista é moi pobre e traballa a terra e o gando dun Señor. Os pais de Balbino trátano coma a un maior, pero nos seus ollos aínda se pode albiscar a inocencia propia dun neno da súa idade. A  Balbino gústalle pensar o porqué das cousas e cavilar sobre o mundo. Non ten moitos xoguetes, mais é feliz , xa que se conforma con moi pouca cousa. Tampouco ten amigos e agora que moita da súa xente querida ten que emigrar a América, Balbino síntese máis solo ca nunca. Pero pronto vese obrigado, por mor dunha discusión a abandonar a súa familia e buscarse el só a vida. O único que o mantén con ilusión para seguir vivindo son esas cousas insignificantes para os ollos dun adulto, pero tan importantes para un neno.





Resultado de imagen de xosé neira vilas galegoXosé Neira Vilas naceu en Gres (Vila de Cruces) o 3 de novembro de 1928 .
Fillo de labregos, estudou comercio por correspondencia e traballou de contable. En xaneiro de 1949 emigrou a Arxentina e entra en contacto con galeguistas como Luís Seoane, Rafael Dieste, Ramón Suárez Picallo, Lorenzo Varela ou Ramón de Valenzuela e en 1953 funda as Mocedades Galeguistas, casa coa escritora Anisia Miranda en 1957 e funda a editorial Follas Novas. En 1961 marcha a Cuba coa súa dona.

Logo de trinta e un anos na illa caribeña, xa xubilados, regresan a Galicia en 1994 para viviren en Gres onde dirixen a Fundación Xosé Neira Vilas e continúan co labor cultural e periodístico.

Xosé Neira Vilas é membro numerario da Real Academia Galega, Doutor Honoris Causa polas Universidades da Coruña e da Habana, Premio da Crítica Española (narrativa) e premio da Crítica Galega (ensaio). Recibiu a medalla Castelao, o Pedrón de Honra, o premio Celanova Casa dos Poetas, o Premio Laxeiro, o Premio Trasalba (2004) e a Medalla de Ouro de Galicia (2015), e foi nomeado socio de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega no 1999.


Faleceu na súa casa de Vila de Cruces o 27 de novembro de 2015 ós 87 anos de idade.

21/5/17

Resultado de imagen de intercambio cun inglés
INTERCAMBIO CUN INGLÉS
Ao chegar o verán, a nai de Ewald decide que un curso de verán en Inglaterra lle será de moita axuda. Grazas á colaboración da súa irmá, Ewald consegue librarse da viaxe a cambio de recibir un rapaz inglés de intercambio. Pero a chegada de Jasper traerá moitas sorpresas
Resultado de imagen de christine nostlinger

CHRISTINE NOSTLINGER
Naceu en Austria en 1936, no seo dunha familia humilde e antifascista. Ao finalizar o Bacharelato, sentiu atracción polas Belas Artes e dedicouse con paixón á pintura. O seu primeiro libro consistiu nuns debuxos aos que engadiu un texto; pero a crítica fixouse no texto e esqueceuse das ilustracións. A partir desta frustración, comezou unha carreira literaria rutilante. Os seus libros, que nacen de problemas reais, abordados sen dramatismo e case sempre con humor ou ironía, recibiron os maiores galardóns, ata culminar no ano 1984 co Premio Andersen.


24/4/17


NUNCA SERÉ TU HÉROE
María Menéndez-Ponte 
Nunca seré tu héroe é una novela realista sobre os conflitos adolescentes escrita de forma autobiográfica. Andrés é un adolescente que está farto do instituto, dos grans, da incomprensión de seus pais, da plasta da súa irmá, do “pijo” de Jorge, da vida en xeral e do profesor de historia en particular. A súa maior afección é debuxar cómics. A súa noiva Sara comeza a saír co mozo máis “pijo” da clase. A súa familia non está pasando por un bo momento, xa que o seu pai queda no paro. No libro trátanse unha serie de temas como: o amor, a amizade, as relacións familiares, a posibilidade dun embarazo non desexado, os grupos neo-nazis, os profesores do instituto…
Andrés demostrará á súa familia e aos seus amigos e amigas que é unha gran persoa. Tamén conseguirá un dos seus soños: gañar un concurso de cómics.
Esta novela pode axudarnos a que falemos de temas propios da adolescencia, que vos interesen especialmente. Tamén aparecen no libro moitas referencias culturais, ademais dos cómics: Sherlock Holmes e Watson, a Celestina, Hitler, O capitán Trueno, o Cid Campeador…

18/4/17

LA MECÁNICA DEL CORAZÓN
Mathias Malzieu
A mecánica do corazón é un libro escrito polo escritor, cantante e músico francés Mathias Malzieu e publicado o 25 de setembro de 2009.
Na noite máis fría do século XIX, nace en Edimburgo, Jack, o fráxil fillo dunha prostituta. O bebé nace cun corazón débil e para salvalo colócanlle un reloxo de madeira ao que haberá de dar corda toda a súa vida. A prótese funciona e Jack sobrevive, pero debe respectar unha regra: evitar todo tipo de emoción que poida alterar o seu corazón. Nada de enfados, e sobre todo, nada de namorarse.
Jack sufrirá o ser excluído de toda sociedade xa que non pode saír do seu fogar. Con todo, por ser o día do seu aniversario a doutora que o coida permítelle un paseo pola cidade. Ao escoitar o belo canto dunha pequena cantante andaluza, Miss Acacia, de ollos enormes e algo miope, namorarase dela inevitablemente. Así, Jack embarcarase nunha marabillosa aventura que o levará a París e a Granada, coñecendo a moitos personaxes singulares e vivindo as dozuras e penalidades do amor. 




O AUTOR: Mathias Mazieu

O seu autor, Mathias Malzieu, nace en Montpellier en 1974, é o líder e cantante da banda francesa Dionysos, e "A Mecánica do Corazón" tamén é o sexto traballo da banda. Polo que non se sabe ben se o disco inspirou o libro, foi ao contrario, ou se xestaron ambos de maneira conxunta.
Malzieu escribiu 5 libros cos que está a ter bastante éxito. En España o máis coñecido é este, que é o terceiro en orde de escritura.

20/3/17

CONTA SALDADA

                                    
Resultado de imagen de conta saldada                             Conta saldada                                       
Novela dirixida principalmente ó lectorado xuvenil. Está protagonizada por unha adolescente, Catuxa, que descobre a causa da morte do seu pai. A aparición do fantasma do pai informa á nena de que foi asasinado e rompe coa versión oficial que falaba dun suicidio. Catuxa, influída pola asistencia a unha representación do Hamlet shakesperiano, decide vingar a morte do pai coa inestimable axuda do seu irmanastro Xermá.



Suso de Toro


Xesús Miguel de Toro Santos, máis coñecido como Suso de Toro, nado en Santiago o 10 de xaneiro de 1956, é un escritor galego de grande éxito comercial.

Resultado de imagen de suso de toroÉ Licenciado en Arte Moderna e Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela. É guionista para televisión e colaborador habitual na prensa e na radio, publicou en galego máis de vinte libros de narrativa, teatro e ensaio. A súa obra, ademais de ser traducida a varias linguas, foi obxecto de estudo en diversas universidades europeas.

En abril de 2010 anunciou a súa retirada como escritor profesional, retomando a súa carreira de profesor de secundaria.

Nas Eleccións ao Parlamento Europeo de 2014 concorreu nas listas do BNG. En abril de 2014 foille concedida a Creu de Sant Jordi.


12/3/17

CARTAS DE INVERNO

                          CARTAS DE INVERNO
                                                  Agustín Fernández Paz
Despois dunha longa estadía en Québec, o escritor Xabier Louzao volve a Galicia e atopa as cartas que o seu amigo Adrián lle escribira na súa ausencia. Unhas cartas que, nunha espiral de enigmas, descobren os estraños sucesos que está a vivir Adrián na súa nova casa e que levan a Xabier a acudir na súa axuda. Pero alí, na vella casa colonial, os dous amigos terán que enfrontarse a misterios que tal vez as persoas nin tan sequera somos quen de imaxinar. A narración está estruturada ó xeito das monecas rusas: unha voz (en terceira persoa) que dá paso a outra voz (en primeira), que a súa vez dá paso tamén a outra voz (tamén en primeira persoa). E cando esta acaba, unha recuperación escalonada e simétrica das voces anteriores. Cartas de inverno recibiu o Premio Rañolas, ó mellor libro infantil e xuvenil galego do ano 1995.

Agustín Fernández Paz (Vilalba, 1947) é un dos escritores máis coñecidos e valorados no ámbito da literatura infantil e xuvenil, en Galicia e no conxunto de España. É autor de máis de corenta e cinco títulos dirixidos preferentemente a lectores xuvenís. Os seus libros, escritos en galego, tradúcense habitualmente ás outras linguas españolas: castelán, catalán e eusquera. Tamén ten diversos títulos traducidos ao portugués, coreano, francés, árabe e italiano. Os seus libros obtiveron numerosos premios, en Galica, en España (Premio Nacional de Literatura) e en diferentes países, con dous títulos seus no prestixioso "Catálogo White Ravens da International Youth Library". Agustín Fernández Paz, persoa sinxela e entrañable, foi sempre un gran defensor da nosa lingua ao tempo que un gran defensor da calidade literaria da Lit. Xuvenil.

20/2/17


Resultado de imagen de o rei oso

    TIM BOWLEY (Londres, 1945) Narrador, especialista en contos tradicionais de todo o mundo, que ficaron gravados na memoria de moitas persoas, maiores e pequenos. Imparte cursos e realiza sesións de contacontos en cidades e vilas de Galicia, España e Portugal. Durante os seus máis de 20 anos de experiencia percorreu coas súas actuacións numerosos países. Colaborou nunha antoloxía narrativa publicada en Reino Unido e editou a obra bilingüe inglés-español titulada “Semillas al viento”, en colaboración con Casilda Regueiro, coa que durante varios anos formou tándem artístico. Tamén é autor dos álbums infantís “Xaime e as landras” e “Amelia quere un can”, 
 ÓSCAR VILLÁN (Ourense, 1972) Licenciado en Belas Artes, na especialidade de Pintura. Co seu primeiro traballo de ilustración para público infantil, “O coelliño branco ”,  recibiu o 1º Premio Nacional de Ilustración 1999. Ao ano seguinte, esta obra foi incluida polo Banco do Libro de Venezuela no catálogo dos ‘Mellores Libros para Nenos’. Ademais, este álbum está adaptado á linguaxe de pictogramas para a colección ‘Makakiños’. Ilustrou outros como “A cebra Camila”, “Amora” e a colección “Do berce á lúa” para prelectores, aos que se suma o álbum infantil “Un becho estraño”, 

O Rei Oso Branco e outros contos marabillosos


Este libro de relatos é unha mostra dos mellores contos do narrador Tim Bowley, ilustrados por Óscar Villán co seu inconfundible estilo. Contos do mundo, sobre reis e princesas, mundos fantásticos e animais parlantes. O humor e a ledicia, a tenrura, o medo e o terror, están presentes nestas historias que nos permiten facer viaxes imaxinarias ata fragas enmarañadas, vales profundos ou altas montañas, para coñecer personaxes inauditos e experimentar aventuras trepidantes. Contos marabillosos cheos de sabedoría.

13/2/17





PARQUE MUERTE
Fernando Lalana

Foi Eufemiano Cordiais, asesor de imaxe e xefe de prensa da multinacional armamentística española "Pistolas e proxectís, S. A", quen propuxo crear PARQUE MUERTE para mellorar a mala imaxe da empresa atraendo a nenos e familias. Segundo el, aos nenos a morte fascínalles. A morte e todo o que teña que ver con ela: os cemiterios, os vampiros, os zombis, os crimes, os cadaleitos, as pantasmas, as funerarias, as autopsias... E en efecto, todo funcionou segundo os seus plans ata que, ao cumprirse un ano da súa inauguración, produciuse unha situación realmente inaudita e, en certo xeito, aterradora, que podía dar ao traste cos plans dos seus propietarios, unha situación que, por suposto, se ocultou á opinión pública. Entón decidiron contratarme como detective privada...

Fernando Lalana nace en Zaragoza en 1958, cidade na que aínda reside. Tras estudar Dereito encamiña os seus pasos cara á literatura. Desde entón publicou máis de oitenta libros coas principais editoriais españolas do sector infantil-xuvenil.
Lalana gañou varios premios de Literatura Xuvenil: Gran angular (3 veces), Barco de Vapor, o da "Junta de Andalucía" e o Nacional de Literatura Xuvenil (por "Morirás en Chafarinas", levada ao cine). Apaixonado do teatro (Los pieles rojas no quieren hacer el indio), Fernando Lalana foi membro fundador do grupo Teatro Incontrolado e colaborou con diversas compañías e grupos independentes zaragozanos.


19/1/17

EL RASTRO BRILLANTE DEL CARACOL
Gemma Lienas
Sam ten 16 anos e síndrome de Asperger, unha forma lixeira de autismo. É un crac dos computadores, pero ten poucos amigos e cústalle interactuar cos demais na vida cotiá. Un día coñece a Martina e o seu mundo cambia. Gústalle moito pero non sabe como achegarse a ela, e ao pouco tempo descobre que un acosador a está poñendo nun grave perigo. Sam terá que esforzarse moito para superar as súas limitacións se quere axudala e desenmascarar ao culpable.


O libro explica como é, como pensa e sente Sam, o protagonista, un mozo con síndrome de Asperger. O libro tamén nos alerta respecto dos depredadores sexuais que axexan aos rapaces en Internet mentindo, inventando perfís e manipulando para obter o que queren.

Ninguén mellor para presentarvos este libro que a propia autora:


A AUTORA: Gemma Lienas
Gemma Lienas Massot (Barcelona, 1951). Filla dun pequeno industrial catalán e dunha ama de casa francesa. Estudou Filosofía e Letras na Universidade Autónoma de Barcelona. Nesta época compaxinou o seu traballo nun centro de psicoloxía coa docencia nunha escola para nenos borderlines, en cuxa fundación participou.
Empezou a escribir a mediados dos 80 e en 1986 publicou a súa primeira novela, Canellón sen saída, dirixida ao público xuvenil. En 1987, gaña tres premios literarios con diferentes libros. Do final deste período é a súa novela xuvenil Así é a vida, Carlota, que en 1990 gana a Mención de honra do IBBY.
A principios dos 90, unha enfermidade obrígaa a deixar o seu posto de responsabilidade e instálase en Nova York. Ao seu regreso a España reincorpórase ao mundo editorial e vive entre Barcelona e Madrid. 
En 1998 cambia o mundo da edición polo da escritura e instálase en Estrasburgo. A principios do 2000 volve a Barcelona e involúcrase na vida da cidade, especialmente con grupos que traballan a favor da igualdade das mulleres.
Colabora con columnas de opinión en diversos medios de comunicación e emisoras de radio.
Entres os personaxes que creou destaca especialmente Carlota. O diario violeta de Carlota (2001) é un dos principais éxitos da autora e o principio dunha saga na que Carlota vai  descubrir a sexualidade e a afectividade, a violencia de xénero, a bulimia, as drogas, etc.
A súa obra foi traducida a varios idiomas: alemán, eúscaro, italiano, portugués...
Unha entrevista coa autora na TVE.
A  súa biografía  e outras informacións segundo ela mesma no seu blog personal.

SÍNDROME DE ASPERGER.
Albert Einstein
Sam, o protagonista do libro é un asperger, un tipo de autismo. No programa La noche temática de TVE trataron este tema e puxeron este magnífico documental titulado "El cerebro de Hugo"É un pouco longo, pero a min pareceume moi interesante. Aquí vos queda por se a alguén lle interesa.
ASPERGA é a Asociación Galega de Asperger. Esta é a súa páxina web.